Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

CONVOCATORIA PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS FORMATIVAS BIODEMECUM · Ano 2027

A presente convocatoria ten por obxecto identificar, seleccionar e promover propostas formativas de interese
para a profesión que poidan incorporarse á programación do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos
(CGCOB) para o ano 2027.
Con ela, o CGCOB persegue os seguintes fins:
• Detectar as necesidades formativas reais das persoas colexiadas en todo o territorio
• Dar cabida á experiencia e o coñecemento dos colexios territoriais, as delegacións, os grupos
de traballo e as comisións técnicas
• Construír unha oferta formativa nacional de calidade, actualizada, coherente e complementaria entre
territorios
• Fomentar a innovación docente e as competencias transversais da profesión
• Reforzar o papel do biólogo e da bióloga nos ámbitos da saúde, o medio ambiente, a
biotecnoloxía, a seguridade alimentaria e a educación

Participantes
Poderán presentar propostas as persoas colexiadas, a título individual, que estean ao corrente das súas obrigacións colexiais ou ben as entidades lideradas polos mesmos
2.2. Condicións de participación
• Cada proposta deberá ter unha persoa de contacto responsable ante o CGCOB
• Admítense propostas conxuntas de varios propoñentes; nese caso designarase unha entidade ou
persoa coordinadora
• Cada propoñente poderá presentar un máximo de 2-3 propostas. Las propostas diferentes sobre unha
mesma temática valoraranse de forma independente

As liñas prioritarias
Todas as propostas deberán incluir, como mínimo, os seguintes elementos. O seu contido detallado recóllese no Anexo I 

Enviar as propostas ao correo info@biólogosdegalicia.org